29/08/2026
Hai bandas que se lembran polo concerto que ofrecen.
E hai bandas que tamén se lembran pola actitude coa que o fan.
PITCH BLACK é das segundas.
Xa lles debemos máis dunha. E nesta edición volveron demostrar que cando se trata de estar enriba dun escenario, non saben facelo a medias. Saíron a por todas desde o primeiro minuto, coa actitude, a contundencia e esa maneira de entender o thrash que conecta directamente coa xente que está diante.
E a resposta foi inmediata.
Pogos.
Circle pits.
Cervexas no aire.
E unha pista enteira convertida durante uns minutos no territorio natural do thrash.
Non houbo distancia entre o escenario e o público. Só unha banda entregándose por completo e unha xente que respondeu exactamente como había que responder.
E quizais esa sexa unha das cousas que máis nos gusta do ALÉN METAL FEST: cando unha banda entende perfectamente onde está, quen ten diante e por que estamos todos aí.
Grazas, PITCH BLACK.
Por volver. Pola vosa axuda cando foi necesario. Por aceptar o reto. E, sobre todo, por saír ao escenario e deixalo todo.
Para quen quedou ata o final, aquela descarga foi tamén unha recompensa.
E para nós, unha desas actuacións que xa forman parte da memoria desta sexta edición.
THRASH 'TIL DEATH. 🤘
📸 Fotografías: Ainhoa Santos