17/05/2026
Hoxe celebramos moito máis ca unha lingua. Celebramos a memoria dun pobo, a voz das nosas avoas e avós, as historias contadas ao carón do lume, os cantares compartidos nas festas e a emoción que vive en cada peza da nosa música e do noso baile tradicional.
No Día das Letras Galegas queremos reivindicar con orgullo a nosa cultura, esa que se transmite co corazón: nunha pandeireta, nunha muiñeira, nun verso e en cada palabra dita en galego.
Porque mentres haxa quen cante, quen baile e quen fale a nosa lingua, Galicia seguirá latexando con forza.
Feliz Día das Letras Galegas! 🩵