07/04/2015
O vindeiro luns 20 de abril teremos retrospectiva de toda a obra de Darío Autrán, coa presenza do propio director.
Darío Autrán (Pontevedra, 1987), actor, director e guionista é para a gran maioría un cineasta descoñecido, o seu cine de límites, de abismos e dunha simboloxía complexa estivo sempre na marxinalidade. Sen apoios institucionais comezou a súa carreira escribindo, dirixindo e protagonizando seis obras de teatro (Salamandra, O lugar, Malvís e fogo...) mentres se formaba en creatividade dramática e interpretación tanto na escola municipal de Narón como na escola de teatro e danza Espazo Aberto de Compostela. Con cinco anos de estudos de interpretación e con 21 anos protagonizou e guionizou a súa primeira longametraxe: “Orxo”. Tras non poder rematarse esta producción decidiu facer a súa primeira longametraxe escrita,dirixida, protagonizada e producida por el mesmo: “Tilda&Jean”. O seu traballo máis recoñecido por agora que chegou a salas comerciais e estivo en varios festivais e que aínda hoxe segue a ter unha pequena distribución en algunhas salas. Así as cousas, a aparición de Tilda&Jean non supuso unha sorte de revelación e seguiu nun cine invisible, sen case medios, e con grandes dificultades para rematar os seus proxectos. “Artemia” o derradeiro proxecto de Autrán é unha webserie experimental que, coma nos anteriores traballos, procura un traballo sobre a idea-forma e dunha especie de espeleoloxía da alma. Personaxes, escenarios e diálogos que están sempre, coma el, a un paso do triunfo e a outro do abismo...
Lugar e hora aínda por confirmar. Nos vindeiros días teredes máis novas!!