A Requinta da Laxeira

A Requinta da Laxeira Grupo tradicional dedicado á recuperación da requinta, instrumento característico da zona da Ulla. Para máis información, visita a nosa páxina web.

A Requinta da Laxeira somos un grupo de música tradicional dedicado á recuperación
da requinta, un instrumento característico da zona da Ulla. Parte do noso repertorio componse de “música de requinta” (recollida ós vellos requinteiros); tamén engadimos outras pezas adaptadas ó máis puro estilo 'laxeiro', onde incorporamos voces. Os concertos tratámolos de encher de festa, onde pasalo ben, cantar, bailar…sorrir,
son a escusa principal destes eventos.

26/02/2026

Boas xentiña...
¡¡Comunicado oficial!!!

Despois de 20 anos facendo soar a música tradicional polos torreiros,
polas festas e polos corazóns de milleiros de persoas, chega o
momento de facer unha pausa. A Requinta da Laxeira baixará dos
escenarios durante un tempo para traballar de portas cara a dentro.
Facemos un pequeno alto no camiño para coller forzas, reorganizarnos
e preparar o noso regreso con calma. Foron dúas décadas cheas de
encontros, risas, quilómetros, emocións e momentos inesquecibles, e
queremos asegurarnos de que a nosa volta estea á altura de todo o
que levamos vivido.
Queremos agradecer de corazón a todas as persoas que nos
acompañastes neste camiño: ex-integrantes, comisións de festas,
asociacións, concellos, compañeiros e compañeiras da música,
amizades, familias e, sobre todo, ao público, que sempre nos recibiu
cos brazos abertos e co sorriso posto. A música tradicional segue viva
en Sarandón, na Asociación Cultural San Campio, onde continuaremos
traballando para manter e transmitir a nosa tradición, con ilusión
renovada e as mesmas ganas de sempre.
Grazas por cada aplauso, cada baile e cada momento compartido. Isto
non é un adeus, senón un ata logo.
Ata a próxima foliada,
A Requinta da Laxeira ❤

🎉Xentiña!!Este sábado 1 de Novembro estaremos en San Tirso de Cornado comendo e cantando na Festa dos rixóns en pota de ...
30/10/2025

🎉Xentiña!!
Este sábado 1 de Novembro estaremos en San Tirso de Cornado comendo e cantando na Festa dos rixóns en pota de ferro🍲
Comezan as actividades a partir do medio día. Xantar, concurso de disfraces, moita música e bo ambiente.
Alí nos vemos!!

Xentiña!! 🚨🚨Hacia Buño arrancamos nun anaco para participar no 1° Festival folk O Quinteiro que organiza a A.S.C.V O Qui...
08/08/2025

Xentiña!! 🚨🚨
Hacia Buño arrancamos nun anaco para participar no 1° Festival folk O Quinteiro que organiza a A.S.C.V O Quinteiro de Buño
Haberá unha gran churrascada e moita música.🎶🎵🎶
Alí vos esperamos a partir das 22:00🎉🎊

Rapazada!! 🎵🎶🪇Non queda nada para o XII festival folk do carboeiro!Mañán, sábado 5 de xullo en sigüeiro, a partir de med...
04/07/2025

Rapazada!! 🎵🎶🪇
Non queda nada para o XII festival folk do carboeiro!
Mañán, sábado 5 de xullo en sigüeiro, a partir de medio día con sesión vermú, xantar e actividades ó longo da tarde ata acabar á noitiña cuns conciertazos e foliada. Todo moi ben organizado pola xentiña de .
Non faltedes!
🎊🎉

Xentiña🎶🎵🎶🎵Este venres día 4 estaremos no XXII festival de bandas de música do patio no pazo de ortigueira compartindo e...
02/07/2025

Xentiña🎶🎵🎶🎵
Este venres día 4 estaremos no XXII festival de bandas de música do patio no pazo de ortigueira compartindo escenario xunto coa maravillosa escola de música de Santa Cruz de Rivadulla e homenaxeando a Juan Castro Fernandez.
Un lugar increíble e unha mestura de estilos musicais que nom podedes perder!!
Vémonos alí!!!!

Xentiña!🎊🎉🎊¿Que vos parece un plan que inclue unhas vistas maravillosas, un xantar delicioso, xogos e bo ambiente escoit...
03/06/2025

Xentiña!🎊🎉🎊
¿Que vos parece un plan que inclue unhas vistas maravillosas, un xantar delicioso, xogos e bo ambiente escoitando boa música?
Pois iso (e moito máis) é o que vai acontecer este sábado durante todo o día no Castelo folk que organiza a A C R M Xente De Aquí E De Acolá De Nogueirosa.
Nos estaremos por partida dobre ameniza do un pouquiño mentres se toma o vermú e despois á noitiña.
Vinde a moreas!🎵🎶 E vémonos arriba!!🌅🏰

Rapazada!!Mañán estaremos tomándolle uns vermús e botando unhas pezas xunto coas Raigañas na sua XVII foliada en Malpica...
25/04/2025

Rapazada!!
Mañán estaremos tomándolle uns vermús e botando unhas pezas xunto coas Raigañas na sua XVII foliada en Malpica.
Alí nos vemos!!🎉🎊🎶🎵

Xentiña estamos de volta!!🎉🎉Esta fin de semana arrincamos para San Ciprián, á fabulosa IX foliada Nordestía!!!Obradoiros...
08/04/2025

Xentiña estamos de volta!!🎉🎉
Esta fin de semana arrincamos para San Ciprián, á fabulosa IX foliada Nordestía!!!
Obradoiros ,cantos de taberna, boa gastronomía e mellores músicas!
Alí nos vemos este sábado 12 de abril.
Non o perdades!!

30/01/2025

Desde a Asociación Cultural San Campio e A Requinta da Laxeira , queremos hoxe mandar unha forte e agarimosa aperta aos nosos irmáns da Escola de Música Santa Cruz de Rivadulla , así como a toda a familia de Juan Castro.

O legado da súa dedicación perdurará na memoria e o bo facer de centos de nenas e nenos, moitas xa hoxe mulleres e homes, que se beneficiaron da súa entrega.

O lugar onde era máis doado atopalo era, sen dúbida, a Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla, da que era presidente e, sen nunca ter tocado un instrumento musical na súa vida, peza fundamental.

Fundamental foi tamén Juan en que o concerto conxunto que a EMSCR e A Requinta da Laxeira ofreceron o pasado 14 de decembro saíse adiante: sempre positivo, sempre buscando solucións, sempre estaba aí cando se lle necesitaba. Non abondan persoas que conxuguen ese compromiso, cunha total e absoluta falta de interese por ter protagonismo ningún nas actividades que xurden do seu esforzo.

D.E.P

𝗚𝗿𝗮𝗻 𝗲́𝘅𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗲𝗻 𝗔𝗯𝗮𝗻𝗰𝗮 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗺𝗽𝗼𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮!Case 600 persoas e 70 músicos fixeron retumbar o auditorio...
15/12/2024

𝗚𝗿𝗮𝗻 𝗲́𝘅𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗲𝗻 𝗔𝗯𝗮𝗻𝗰𝗮 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗺𝗽𝗼𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮!
Case 600 persoas e 70 músicos fixeron retumbar o auditorio 🎉
animou ao público a bailar e cantar coa e a

Desfrutamos moito grazas ao público tan entregado!🪗🪇🪘
E polo interese mostrado en cada historia das cancións 🥁🎺🪈

Esperamos volver a vervos pronto!!!
🤗Grazas a tod@s por facelo posible.

Vémonos hoxe ás 19.30 horas no auditorio Abanca en Santiago de Compostela!!!Os case 70 músicos da   e  estamos listos/as...
14/12/2024

Vémonos hoxe ás 19.30 horas no auditorio Abanca en Santiago de Compostela!!!

Os case 70 músicos da e estamos listos/as para recibirvos, xunto coa nosa presentadora favorita 🤗🤗

Asegurade a vosa entrada na ligazón:
🌐 https://forms.gle/mLeUu9oE5jE8kUf27

.c.sancampio

Dirección

Rúa Do Preguntoiro, 23,15704 Santiago De Compostela
Santiago De Compostela
15704

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Requinta da Laxeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A Requinta da Laxeira:

Compartir

Categoría