Unión de Guláns

Unión de Guláns Páxina oficial da Banda de Música Unión de Guláns. O seu fundador e primeiro director foi D. José Carracedo Dominguez. A xeito de exemplo podemos citar a D.

En 1870, en Guláns, aldea da vila de Ponteareas, provincia de Pontevedra, nace a banda de música “UNION DE GULÁNS", unha das máis antigas de Galicia. Por tradición familiar o seu fillo Constante e despóis o seu neto José, sucedérono coma directores, mantendo así viva esta agrupación musical ata o ano 1947. Da escola de música da "UNION DE GULÁNS" así como da participación na banda, xurdiron recoñe

cidos músicos, tanto a nivel instrumentista como directores e compositores. Rogelio Groba Groba, director da "UNION DE GULANS" de 1947 a 1952 e posteriormente director da Banda de Música Municipal de A Coruña durante máis de vinte anos, sendo o mesmo tempo director do Conservatorio de Música da mesma cidade, consagrándose neste período como compositor de renome internacional. Igualmente importantes despóis de 1952 e ata 1959, foron as participacións na banda como directores de D. Miguel Groba Groba e D. Indalecio Fernández Groba. 0 primeiro é actualmente director do Coro e Orquesta de Cámara da Comunidade de Madrid e profesor do Real Conservatorio de Música desa cidade. 0 segundo foi director de Banda de Música da cidade de Lugo, sendo actualmente e sucedendo a D. Rogelio Groba, director da Banda de Música Municipal de A Coruña. A esta serie de directores gulanseses seguéronlle a partires de 1959 os foráneos D. Antonio Baquero, D. Francisco Rodríguez, D. José Fariñas e D. Rogelio Loureda, para en 1968 facerse cargo da batuta novamente outro discipulo da banda e gulansés: D. José Carracedo Pousada (bisneto do fundador), sendo baixo a súa dirección a "UNION DE GULÁNS" galardonada no concurso de bandas populares da cidade de Ourense en 1971 . En 1972 e por mor do traslado de D. José Carracedo o Real Conservatorio de Música de Madrid, sucédeo no cargo novamente outro foráneo: D. Javier Basoco, seguido de D. Plácido Lorenzo, D. José Aradas, D. Alfonso Méndez, D. José Guillén e D. José Oro-Val, ata fináis de 1982. No ano 1982 asume a dirección da banda outro xove do lugar, D. José Fernández Prego, que coma tódolos gulanseses anteriores é froito da formación musical que a agrupación mantén regularmente dende fai máis de cen anos. E así, chega a banda a fináis do 1991 no que de novo é necesario recurir a outro foráneo, neste caso o recoñecido músico Ourensán D. Hipólito Fernández Fernández, persoa que polos seus coñecementos, sensibilidade e entusiasmo constante conseguiu imprimir á "UNION DE GULÁNS" unha nova dinámica, elevando o nivel artístico-musical da mesma a tal punto, que zecais nestes intres, sexa o mellor de toda a súa historia. Durante estes últimos anos a batuta esta a cargo da xove promesa Srta. Alicia Porto, gulansesa e que como todos os seus conveciños que pasaron pola banda, xurde ela tamén da escola continua que a "UNION DE GULÁNS" desenvolve. A "UNION DE GULÁNS", está constituida por 50 compoñentes na súa grande maioría xoves que ademáis de participar na escola da banda, estudian cursos profesionáis de música e é de significar que máis de 80% dos participantes na mesma son naturais e veciños de Guláns. A banda interpreta os máis diversos xéneros musicáis tales como: clásica, zarzuela, lixeira, típica galega...



A media anual de actuacións da "UNION DE GULANS" é de 50 espectáculos, distribuídos entre concertos, actos culturáis, recreativos, festas populares,... na súa maioría en Galicia. Destacamos como máis significativas as seguintes actuacións e participacións:



•1979.- Grabación dun L.P
•1985.- Participación na película "La Hora Brujá”.
•1986.- Inauguración do audítorio "Reveriano Soutullo".
•1989.- Participación no programa da TVG " 0 Son dun Pobo".
•1991.- Actuación no colexio "San Agustín" de Salamanca.
•1992.- Participacións nas festas "Brueguel" da cidade de Bruselas.
•1993.- Participación no programa "Luar" da TVG.
•1994.- Participación no programa "Galicia Enteirá' da TVG e actuación no programa "Desde Galicia para o mundo" de TVE.
•1997.- Incripción da escola de música no Rexistro Oficial de Escolas de Música da Xunta de Galicia.
•1998.- Grabación da agrupación, e edición en cinta casete.
•2000.- Actuación no centro galego de LISBOA (PORTUGAL).
•2001.- Homenaxe e nomeamento como director Honorífico a D.Hipólito Fernández Fernández.
•2004 - Ultima grabación da agrupación, edición en CD
•2006 – Participación no programa “Desde Galicia para o mundo” de TVE
•Participación anual nos festivais de bandas que se levan a cabo en Ponteareas, entre outros.

Este sábado 1 de agosto celebramos o IV festival de bandas centenarias acompañados da Banda Municipal da Estrada e da Ba...
29/07/2026

Este sábado 1 de agosto celebramos o IV festival de bandas centenarias acompañados da Banda Municipal da Estrada e da Banda de música de Vila Boa de Quires (Portugal).
Agardámosvos 😉🎶🎶

Os días 11, 12 e 13 de agosto celebraremos na nosa escola de música un curso de metal grave impartido por  Jose Luis Váz...
28/07/2026

Os días 11, 12 e 13 de agosto celebraremos na nosa escola de música un curso de metal grave impartido por Jose Luis Vázquez (Cote), tuba principal da banda municipal de Santiago de Compostela.
Non perdas esta gran oportunidade!
Anotacións: 672969923

Hoxe‼️E vémonos o 4 de xullo na Cidade da Cultura 👏🏻
19/06/2026

Hoxe‼️E vémonos o 4 de xullo na Cidade da Cultura 👏🏻

Agradecemos á Deputación Pontevedra  que recuperase a súa liña de axudas para a adquisición de instrumentos e vestiario ...
23/03/2026

Agradecemos á Deputación Pontevedra que recuperase a súa liña de axudas para a adquisición de instrumentos e vestiario que nos permite renovar o fondo da escola para unha mellor formación.

09/01/2026

𝔾𝕦𝕝á𝕟𝕤 é 𝕞ú𝕤𝕚𝕔𝕒, 𝕓𝕒𝕚𝕝𝕖, 𝕗𝕖𝕤𝕥𝕒 ... 𝔾𝕦𝕝á𝕟𝕤 é 𝕒 𝕤ú𝕒 𝕩𝕖𝕟𝕥𝕖 𝕓𝕠𝕟𝕚𝕥𝕒 𝕖 𝕦𝕟𝕚𝕕𝕒💙

#𝕊𝕒𝕟𝕏𝕦𝕝𝕚á𝕟𝟚0𝟚6

Este sábado 20 de decembro, ás 8 da tarde, concerto cos compañeiros de Chavellos Sinfónico.A través dunha coidada combin...
15/12/2025

Este sábado 20 de decembro, ás 8 da tarde, concerto cos compañeiros de Chavellos Sinfónico.
A través dunha coidada combinación de instrumentos tradicionais como zanfonas, gaita, acordeóns e percusións, creamos unha base sonora que conecta directamente coas raíces de Galicia. 
Esperámosvos a tod@s 🎶

Concerto de clausura do curso de percusión 2025.Encadrado dentro de   ,un programa de Federación Galega de Bandas de Mús...
16/11/2025

Concerto de clausura do curso de percusión 2025.
Encadrado dentro de ,un programa de Federación Galega de Bandas de Música Populares xunto con Cultura de Galicia

Hoxe: Festival de Outuno na Casa Museo Pazo da Cruz, na Hermida -Covelo.Concerto dentro de   ,un programa de Federación ...
09/11/2025

Hoxe: Festival de Outuno na Casa Museo Pazo da Cruz, na Hermida -Covelo.
Concerto dentro de ,un programa de Federación Galega de Bandas de Música Populares xunto con Cultura de Galicia

E o domingo 9 de novembro: Festival de Outono na Casa Museo Pazo da Cruz, na Hermida - Covelo Concerto dentro de  , un p...
05/11/2025

E o domingo 9 de novembro: Festival de Outono na Casa Museo Pazo da Cruz, na Hermida - Covelo
Concerto dentro de , un programa da Federación Galega de Bandas de Música Populares xunto con Cultura de Galicia

Vémonos ás 11:00h neste maravilloso museo :)

Este sábado, 8 de novembro: Festival de Outono de Bandas Infantís, convidados polos compañeiros e amigos da  Este concer...
05/11/2025

Este sábado, 8 de novembro: Festival de Outono de Bandas Infantís, convidados polos compañeiros e amigos da

Este concerto encádrase dentro de , un programa da Federación Galega de Bandas de Música Populares xunto con Cultura de Galicia

Esperámosvos a tod@s ás 12.00h no 🍄🍁🎺🎷

Dirección

Casal, S/n
Puenteareas
36861

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Unión de Guláns publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría