Festival Internacional Rebulir

Festival Internacional Rebulir 🌍 Encontro intercultural das tradicións do mundo
📚 Amplo programa socioeducativo e cultural
🗓️ 18–21 dec 2025 · Ramirás

19/08/2026
🏆 Xa coñecemos as persoas e colectivos nomeados aos Premios Rebulir da Cultura Galega 2026!É unha satisfacción facer púb...
28/07/2026

🏆 Xa coñecemos as persoas e colectivos nomeados aos Premios Rebulir da Cultura Galega 2026!

É unha satisfacción facer públicas as candidaturas que pasan á segunda fase dos Premios Rebulir da Cultura Galega, un recoñecemento que pretende poñer en valor o compromiso coa creación, a difusión e a proxección da cultura galega dentro e fóra do noso país.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ás decenas de propostas recibidas nesta edición. O elevado número e a calidade das candidaturas evidencian o excelente momento que vive a cultura galega e o enorme traballo desenvolvido por persoas, colectivos e entidades. Nesta primeira fase realizouse unha avaliación técnica para comprobar que todas as candidaturas cumprían cos requisitos establecidos nas bases, permitindo así configurar a relación definitiva de nomeados e nomeadas.

A partir de agora será a quenda do xurado, que terá a difícil responsabilidade de escoller as persoas e proxectos distinguidos nesta edición. Estamos convencidos de que non será unha tarefa doada.

📅 Os galardóns entregaranse o vindeiro 19 de decembro, durante a Gala Central do FIR2026 – Festival Internacional Rebulir.

Parabéns a todas as persoas e entidades nomeadas por este merecido recoñecemento, e moito ánimo ao xurado nesta apaixonante decisión. 👏💙

Xa está aberto o prazo para presentar candidaturas aos premios Rebulir 2026 ⭐️Dende hoxe e ata o día 5 de xullo, colecti...
19/06/2026

Xa está aberto o prazo para presentar candidaturas aos premios Rebulir 2026 ⭐️

Dende hoxe e ata o día 5 de xullo, colectivos e particulares poden enviar candidaturas a través da ligazón na nosa biografía.

Un ano máis, as categorías son:
🏆Música galega
🏆Artes escénicas
🏆Homenaxe
🏆Premio Rogelio García Yáñez

Toda a información necesaria na ligazón da nosa biografía!

Coñeces algunha persoa, colectivo ou entidade que mereza un recoñecemento polo seu labor a prol da cultura galega?Xa pod...
19/06/2026

Coñeces algunha persoa, colectivo ou entidade que mereza un recoñecemento polo seu labor a prol da cultura galega?

Xa podes presentar a túa proposta para os PREMIOS REBULIR DA CULTURA GALEGA 2026.

🏆 Categorías:

🎵 Música Galega
🎭 Artes Escénicas / Patrimonio
🤝Homenaxe
🌍 Mención Especial Rogelio García Yáñez

As candidaturas poden ser presentadas tanto por particulares como por colectivos a través do formulario habilitado para este fin. O xurado valorará aquelas iniciativas, traxectorias e proxectos que contribúan á promoción, difusión e defensa da cultura galega.

📝 Presenta a túa candidatura aquí:
https://www.festivalrebulir.info/2026/06/aberto-periodo-de-candidaturas-premios.html

Axúdanos a poñer en valor o traballo de quen fai medrar a nosa cultura cada día.



https://www.festivalrebulir.info/2026/06/aberto-periodo-de-candidaturas-premios.html

Esta semana abrirase o prazo para presentar candidaturas para os Premios Rebulir 2026.Moi pronto máis noticias nas nosas...
16/06/2026

Esta semana abrirase o prazo para presentar candidaturas para os Premios Rebulir 2026.

Moi pronto máis noticias nas nosas redes!

💙🏆

29/12/2025
A choiva mudou o percorrido, pero non a festa.A animación polas rúas de Celanova tivo que trasladarse ao Mosteiro, e alí...
22/12/2025

A choiva mudou o percorrido, pero non a festa.

A animación polas rúas de Celanova tivo que trasladarse ao Mosteiro, e alí viviuse igualmente a maxia ✨
Os grupos de Senegal, A Rioxa e Ecuador encheron o espazo de ritmo, cor e emoción.

Arte en movemento, culturas que se atopan, música que une e unha alegría compartida que se sentiu en cada actuación 💃🏽🥁🎶

Porque cando hai ganas, talento e corazón, o Pampost desfrútase igual (ou incluso máis), chova ou non 🌍❤️

Grazas aos grupos participantes e a todas as persoas que o fixeron posible 🙌

Dirección

Orense
32810

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festival Internacional Rebulir publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festival Internacional Rebulir:

Atajos

Compartir

Categoría