09/05/2022
Ás veces é imposible saber como seguir e de súpeto aparece Ruli con unha canción, un arranxo, unha melodía. Pasou con 'Alalá ao sol', con 'O maio', con 'Os Atlantes', con 'É doado'. Agora apareceu con cinco cancións que se publican hoxe no álbum 'De Córgomo a Fair Oaks' (.discográfica, 2022). Cinco cancións a partir de cinco poemas de Florencio Delgado Gurriarán, poeta valdeorrés ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.
Raúl Diz canta a Florencio; 'De Córgomo a Fair Oaks'. Case nada. Todo medre, irmán, todo medre.