Viraventos Teatro

Viraventos Teatro Somos un Grupo de Teatro Amador de Monforte de Lemos. �

Que ganiñas de estar en Vilamarín ❤️🎭
21/02/2026

Que ganiñas de estar en Vilamarín ❤️🎭

Seguimos en ruta.Esta vez teremos o grandísimo pracer de formar parte  do II Encontro de Teatro Afeccionado do Concello ...
19/02/2026

Seguimos en ruta.

Esta vez teremos o grandísimo pracer de formar parte do II Encontro de Teatro Afeccionado do Concello Vilamarín.

Moitísimas grazas por contar connosco.

Vémonos o sábado ás 19:00 na casa da Cultura do Concello de Vilamarín, agardamos por vós.

Xira "O Boleto" ❤️🎭


Esta fin de semana tocou actuar na casa, facendo doblete, o sábado na casa da Cultura Lois Pereiro e o domingo en  Pasad...
23/12/2025

Esta fin de semana tocou actuar na casa, facendo doblete, o sábado na casa da Cultura Lois Pereiro e o domingo en

Pasada a resaca emocional de todo o vivido soamente queda darvos as Grazassaaa ❤️

Grazas por encher,actuación tras actuación, todos os espazos, especialmente a nosa casa, facendo que a casa da Cultura de Monforte quede pequena ano tras ano.

Grazas a Prodeme por confiar en nós para amenizarvos o Nadal.

Moitísimas grazas, temos o corazón cheo de ledicia.

Por moitos máis anos disfrutando do teatro e da vosa compañía. 🎭😍❤️🫂

Grazassssss ❤️
22/12/2025

Grazassssss ❤️

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte encheuse onte sábado coa representación da obra “O boleto”, a última montaxe do grupo de teatro afeccionado monfortino Viraventos.

A cita foi ás 20.00 horas na Casa de Cultura, e acudiron o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada; a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón; o edil de Deportes, José Manuel Mougán, e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

A obra, dirixida por Candela López e Marcos Vázquez, forma parte do programa de Festas de Nadal 2025-2026 organizado polo Concello de Monforte, a través do Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación Provincial de Lugo.

O elenco estivo formado por Elena Arnaiz, Ángeles Bande, Juan Castro, José Ramón Cid, Fina Díaz, Manuela Fuentes, Teresa González, Ángeles Martínez, Antonio Martínez, Pury Conde, Pili Rodlos, Gonzalo Rodríguez, Josi Rodríguez e Marina Vidueira.

https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2025/teatro-monfortino-viraventos-encheu-casa-cultura-espectaculo-boleto

19/12/2025

Mañá ás 20:00, na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, estaremos agardando por vós.
Non faltedes que non sabedes a ilusión que nos fai actuar na casa.

Desexando vervos ❤️🫂🎭
18/12/2025

Desexando vervos ❤️🫂🎭

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acolle este sábado, 20 de decembro, ás 20.00 horas, unha nova cita co teatro para público adulto organizado polo Concello de Monforte. Trátase da obra “O boleto”, que representará o grupo de teatro afeccionado monfortino Viraventos. A entrada é libre e gratuíta.

"O boleto" é unha comedia de enredo e suspense, onde cada personaxe agocha máis do que parece, e onde a verdadeira natureza das relacións saen á luz cando hai millóns en xogo.
Escrita e dirixida por Candela López e Marcos Vázquez.

Elenco: Elena Arnaiz, Ángeles Bande, Juan Castro, José Ramón Cid, Fina Díaz, Manuela Fuentes, Teresa González, Ángeles Martínez, Antonio Martínez, Pury Conde, Pili Rodlos, Gonzalo Rodríguez, Josi Rodríguez e Marina Vidueira.

https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2025/boleto-teatro-viraventos-s%C3%A1bado-concello-monforte-ultimo-trimestre

Grazassss, un placer inmenso sempre voltar onde nos sentimos coma na casa ☺️
17/11/2025

Grazassss, un placer inmenso sempre voltar onde nos sentimos coma na casa ☺️

Lembrade que o 16 de novembro, ás 18:00 horas, temos unha cita moi especial na Casa da Cultura de Ferreira de Pantón.Non...
10/11/2025

Lembrade que o 16 de novembro, ás 18:00 horas, temos unha cita moi especial na Casa da Cultura de Ferreira de Pantón.

Non faltedes, temos moitas ganas de vervos 💕

Rimos un ratiño xuntxs?



Lembrade que o sábado estaremos na Casa da Cultura do  ás 19:00. Isto é un non parar.Pasamos lista ❤️       😂
23/10/2025

Lembrade que o sábado estaremos na Casa da Cultura do ás 19:00. Isto é un non parar.

Pasamos lista ❤️

😂

Onte estreamos ao grande!!!Estamos tremendamente agradecidos/as por tremenda acollida na Casa da Cultura de  Cheo absolu...
20/10/2025

Onte estreamos ao grande!!!

Estamos tremendamente agradecidos/as por tremenda acollida na Casa da Cultura de

Cheo absoluto e moito agarimo.

Grazas por acompañarnos e facernos sentir sempre tan arroupados/as.

Grazas a Asociación Cultural Horticelos por contar con nós ❤️

Lembrade que o Sábado 25 estaremos ás 19:00 na Casada Cultura de

Grazas e grazas ❤️

Estamos de voltaaaaa!E que mellor maneira de facelo que dando a coñecer a nosa nova obra "O Boleto" a través das dúas pr...
08/10/2025

Estamos de voltaaaaa!

E que mellor maneira de facelo que dando a coñecer a nosa nova obra "O Boleto" a través das dúas primeras datas de actuación.

Estas datas serán:
19 de Outubro na Casa da Cultura de Bóveda ás 18:00.
25 de Outubro na Casa da Cultura de Sober ás 19:00.

Estade atentos/as pois pronto anunciaremos novas datas.

Agardámosvos, prometemos facervos pasar un rato cheo de boas risas.

🎭📢❤️🎉




Dirección

Monforte De Lemos

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Viraventos Teatro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir