Improdutivas

Improdutivas Grupo Amador de Improvisación Teatral Lugués
Impro en Lugo. Improducións.

31/08/2026

Unha noite Improdutiva: a mellor forma de sobrelevar a volta á rutina.

A ti tamén se che pasou este verán demasiado rápido? A volta á rutina faise demasiado dura?

Pois a mellor forma de amortiguar este golpe é unha noite de Impro teatral coas Improdutivas

O xoves 10 ás 22h estreamos nova tempada no Club Clavicémbalo e pasaremos lista, así que non faltes!

Moi felices de anunciar que este mes de setembro unímonos a ACADAR e ao Concello de Lugo no proxecto "Emprego e Saúde a ...
28/08/2026

Moi felices de anunciar que este mes de setembro unímonos a ACADAR e ao Concello de Lugo no proxecto "Emprego e Saúde a través do Empoderamento" para mulleres con discapacidade.

Regresa a Impro teatral ao Club Clavicémbalo O Xoves 10 de setembro as Improdutivas estreamos nova tempada no Clavi con ...
27/08/2026

Regresa a Impro teatral ao Club Clavicémbalo

O Xoves 10 de setembro as Improdutivas estreamos nova tempada no Clavi con novos xogos, novas técnicas, novos gorxeos, novas sorpresas... Pero a mesma cara dura de sempre.

Vémonos a partir das 21:30 (apertura de portas)!

As Improdutivas andamos desperdigadas e de vacacións, pero non paramos de formarnos para a nova tempada. Queredes saber ...
21/08/2026

As Improdutivas andamos desperdigadas e de vacacións, pero non paramos de formarnos para a nova tempada. Queredes saber todas as datas do ano?

Pois xa podedes coñecer as nosas actuacións en Lugo en LugoXa:

https://lugoxa.com/es/news/improdutivas-regresa-al-club-clavicembalo-con-cuatro-noches-de-improvisacion-teatral/132040/

Vémonos no Club Clavicémbalo !!!!

El grupo de improvisación teatral ofrecerá nuevas sesiones en Lugo los días 10 de septiembre, 15 de octubre, 26 de noviembre y 17 de diciembre

Obradoiro infantil en CangasAs Improdutivas este verán andamos desperdigadas por Galiza recibindo obradoiros, pero neste...
18/08/2026

Obradoiro infantil en Cangas

As Improdutivas este verán andamos desperdigadas por Galiza recibindo obradoiros, pero neste caso tamén fumos ata un Campa de Verán en Cangas para ensinar isto da Impro ás crianzas entre 8 e 12 anos que demostraron que improvisar é un xogo de nenas/os.

10/08/2026

A axenda Improdutiva no Club Clavicémbalo

Impro teatral sen guión nin vergoña pero con moita cara dura e gorxeos arriscados!

Comezamos nova tempada de Impro teatral en Lugo así que vai gardando os seguintes XOVES:

✔️ 10 de setembro
✔️15 de outubro
✔️26 de novembro
✔️17 de decembro

🕙 Ás 22:00, abrindo portas ás 21:30.

E a ti, cando te imos ver?

As Improdutivas improvisando na Radio Galega na sección de Impro de Antía Vidal que podedes escoitar de luns a venres ás...
05/08/2026

As Improdutivas improvisando na Radio Galega na sección de Impro de Antía Vidal que podedes escoitar de luns a venres ás 15h durante todo o mes de agosto.

Se queredes escoitar o noso programa podédelo facer no seguinte enlace: https://www.agalegaaudio.gal/videos/detail/391050-a-tarde-05-08-2026

Moitas grazas por contar con nós e facernos pasar un rato tan agradable!

🇵🇸Como profesionais, artistas e estudantes do ámbito da improvisación, temos a responsabilidade de empregar as nosas pla...
20/07/2026

🇵🇸

Como profesionais, artistas e estudantes do ámbito da improvisación, temos a responsabilidade de empregar as nosas plataformas para cuestionar as inxustizas e evitar o "art washing" (o uso da arte para branquear ou lexitimar vulneracións de dereitos) nos nosos teatros e festivais. A escalada do xenocidio (e do réxime subxacente de colonialismo de asentamento, apartheid e ocupación militar) en Palestina pon de manifesto que este fenómeno constitúe un problema crecente no noso sector, e non podemos permitir que os nosos escenarios contribúan, mediante o silencio, á normalización da opresión.

Improdutivas, como grupo de Impro e Asociación Cultural, asinou a declaración de GRIP e comprometeuse a cumprir os seus principios, xunto con outras compañías de teatro, festivais, profesionais do sector, artistas e estudantes, e anima a outras persoas e entidades a facer o mesmo.

Convidámosvos a ler e asinar a declaración completa en ou en https://improvisersforpalestine.org/

#🇵🇸
-------------------------

As professionals, artists, and students in the field of improvisation, we have a responsibility to use our platforms to challenge injustice and guard against ‘art washing’ in our theatres and festivals. The escalation of the genocide (and underlying regime of settler-colonialism, apartheid, and military occupation) in Palestine reveals this phenomenon as a growing problem in our industry and we cannot allow our stages to facilitate the normalisation of oppression through silence.

Improdutivas, an improv group and cultural association, has signed the GRIP statement and committed to its requirements along with other theatre companies, festivals, industry professionals, artists, and students and encourages others to do the same.

We invite you to read and sign the full statement at or at https://improvisersforpalestine.org/

Peche da tempada 25-26 de Improdutivas no Club Clavicémbalo (17/06/26)Pechamos unha tempada incrible cun apoio enorme po...
28/06/2026

Peche da tempada 25-26 de Improdutivas no Club Clavicémbalo (17/06/26)

Pechamos unha tempada incrible cun apoio enorme por parte de vós así que mil grazas por encher o Clavi e mil grazas a .ladibumajo por esa súper obra de arte que nos trouxo de agasallo ❤️

Pero sobre todo mil grazas por apoiarnos durante todos os meses, temos oficialmente moitos Improdutivers que non se perden unha!

E mil grazas ao Club Clavicémbalo por seguir abríndonos as portas. Porque para a tempada seguinte... seguirá habendo moita impro. Voltamos o xoves 10 de setembro!!!

Nesta impro presentou: Uxía

E improvisaron:
- Uxía
- Paulette
- Christian
- Pablo G
- Josín
- Andrés
- Esther 🎛️

As Improdutivas pechamos tempada este mércores ás 22h no Club Clavicémbalo Última oportunidade ata setembro!!!!
16/06/2026

As Improdutivas pechamos tempada este mércores ás 22h no Club Clavicémbalo

Última oportunidade ata setembro!!!!

Dirección

Lugo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Improdutivas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Improdutivas:

Atajos

Compartir