30/12/2025
Vai rematando o ano e é unha excusa perfecta para facer a publicación que non fixemos (e deberíamos ter feito) unha semana despois da Convidada: a dos agradecementos.
Con esta escolma de fotos queremos darlle gracias a toda a xente que fixo posible outra edición deste festexo.
Tanto aos mestres e músicos que compuxeron o cartaz desta edición; aos bares de Ordes e agrupacións que decidiron participar nos cantos de taberna; ás asociacións e formacións que vos achegastes e participastes na foliada; a Suso Gestal, e Carnicería Enrique polas doazóns dos sorteos; ao noso bombeiro e carpinteiro de confianza polo suministro anual de rastreles de pino; a por ese luxo de cartel retroiluminado que vestiu o centro do escenario; a pola doazón de taboleiros para a escenografía do evento; aos por ese zanfoneiro e esa pandereteira xigantes que saludaron a tódolos asistentes; ao polo aporte de material e de agrupación do mediodía; e por último, e non por iso menos importante, a toda a xente que viñestes acompañarnos durante a xornada.
Agardamos e desexamos que teñades todos e todas a mellor entrada de ano posible!
Salú!