Nas Ondas do Mar

Contactar con la empresa

Nas Ondas do Mar desde Ferrol, hacemos música para todo el mundo, tradición y variedad.

Estimados seguidores/as, continuando coa nosa programación de concertos anunciámosvos que o próximo sábado, día 17, cele...
15/10/2026

Estimados seguidores/as, continuando coa nosa programación de concertos anunciámosvos que o próximo sábado, día 17, celebraremos no Centro Cívico de Caranza a primeira xornada de II XUNTANZA NAS ONDAS DO MAR, para a que traemos convidados aos amigos da Rondalla de Cedeira, a Agrupación Musical de Pulso e Púa Carlos Seijo, de Betanzos, e a Coral Chorima de Castro, que nos acompañarán nunha xornada que, á súa vez, vai ser moi entrañable por motivos que non podemos adiantar para non desvelar a sorpresa, pero que os saberedes sen dúbida cando vos deamos razón despois do acto.
E o sábado 18, estaremos coas demais rondallas de Ferrol no tradicional Festival de Outono no Teatro Jofre. Como sempre dicimos, agardámosvos en calquera escenario.
Aquí quedan os carteles.

Serantes, nos vemos el sábado @
08/10/2026

Serantes, nos vemos el sábado @

Ola! Seguimos coa nosa programación de concertos. O vindeiro venres día 9 (se o tempo o permite) estaremos en Ultramar, ...
08/10/2026

Ola! Seguimos coa nosa programación de concertos. O vindeiro venres día 9 (se o tempo o permite) estaremos en Ultramar, rondalleando polas rúas. Aquí vos deixamos o cartel. Pasádevos por alí, o pasaredes ben.

Ola! amigas/os. Seguimos coa nosa programación de concertos que nos quedan até final de ano. Unha chea, dende logo. Aquí...
28/09/2026

Ola! amigas/os. Seguimos coa nosa programación de concertos que nos quedan até final de ano. Unha chea, dende logo. Aquí vos deixamos a previsión para o mes de outubro.
Día 02, venres, ás 19:00 h.: no local de S.C.R.D. Ferrándiz (Caranza)
Día 03, sábado, ás 19:30 h.: no local da A.VV. de Mandiá
Día 09, venres, ás 19:00 h.: Rondalleando por Ultramar
Día 10, sábado, ás 19:00 h.: na A.VV. de Serantes
Día 17, sábado, ás 19:30 h.: no Centro Cívico de Caranza (II Xuntanza Musical
Nas Ondas do Mar, coa Coral Chorima de Castro, de
Narón; a Rondalla de Cedeira, a Agrupación Carlos
Seijo, de Betanzos, e nós, naturalmente).
Día 18, domingo, ás 19:00 h.: no Teatro Jofre (Festival de Outono das Rondallas)
Día 23, venres, ás 20:00 h.: No Centro Cívico Sociocultural de As Somozas
Día 30, venres, ás 19:00 h.: No Centro Cultural Torrente Ballester (Entrega da Faba
de Plata, da Peña Les Fabes)
De momento, deixámosvos aquí o cartel de Mandiá. Agardámosvos, coma sempre, en calquera escenario.

Visita a Martina Aneiros, Delegadav da Xunta de Galicia en Ferrol, o 15 de setembro de 2026.
20/09/2026

Visita a Martina Aneiros, Delegadav da Xunta de Galicia en Ferrol, o 15 de setembro de 2026.

Ola! O pasado martes, día 15 de setembro, fomos recibidos pola Sra. Delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, dona Martina...
20/09/2026

Ola! O pasado martes, día 15 de setembro, fomos recibidos pola Sra. Delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, dona Martina Aneiros Barros. Na entrevista tivemos ocasión de amosarlle os nosos proximos proxectos artísticos. Temos que agradecer e agradecemos moi sinceramente a súa atención, interese e receptividade. Moitas grazas, Martina.
Deixámosvos constancia do recollido deste acto na páxina oficial da Xunta de Galicia.

Portal institucional do goberno da Comunidade Autónoma de Galicia

Ola, amigas/os. Deixámosvos aquí o anuncio do noso próximo concerto en Valón o vindeiro sábado 19 ás 19 horas.
17/09/2026

Ola, amigas/os. Deixámosvos aquí o anuncio do noso próximo concerto en Valón o vindeiro sábado 19 ás 19 horas.

Ola! amigos/as. O pasado sábado día 22 estivemos en Sanxenxo para participar nos actos conmemorativos do 50º Aniversario...
24/08/2026

Ola! amigos/as. O pasado sábado día 22 estivemos en Sanxenxo para participar nos actos conmemorativos do 50º Aniversario da Igrexa nova de San Ginés de Padriñán e aínda que vos pasaremos vídeos e fotos, de momento, vos achegamos este comentario que apareceu no xornal dixital pontevedraviva.com, e que vos pasamos neste enlace:
https://www.pontevedraviva.com/gl/cultura/musica-ferrola-resoa-novo-templo-sanxenxo_520272_102.html

Toda a información e última hora sobre Pontevedra. A actualidade e información local sobre Pontevedra e outras vilas e cidades: Marín, Poio, O Salnés, Sanxenxo, Arousa, Umia, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Bueu, Vilaboa, Barro, A Lama, Soutomaior.

16/08/2026
E seguimos adiantando programa de próximos concertos, amigas e amigos.O 15 de agosto no Porto de Espasante (Ortigueira)O...
10/08/2026

E seguimos adiantando programa de próximos concertos, amigas e amigos.
O 15 de agosto no Porto de Espasante (Ortigueira)
O 22 de agosto en Sanxenxo, no 50º Aniversario da Igrexa Nova
O 27 de agosto nas Festas de Ferrol (Praza de Armas)
O 28 de agosto nas Festas de Covas (Ferrol)
O 4 de setembro no Festival da Canción Mariñeira de Neda
E haberá máis, pero de momento xa tedes onde escoller. Aquí vos queda algún cartel para que non o esquezades.

Dirección

Ferrol
15403

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Nas Ondas do Mar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Nas Ondas do Mar:

Atajos

Compartir