Pinchacarneiro Teatro

Pinchacarneiro Teatro Asociación sociocultural adicada a fomentar,crear e representar o teatro en galego sen ánimo de lucro Gañadora do 2º PREMIO do certame Xuventude Crea 2013.

Formamos unha compañía de teatro centrada na creación, representación e promoción do teatro en galego seguindo unha liña moi persoal. O noso estilo obedece ó humor como vehículo de expresión e a cultura pop como referente, concretamente aquela propia dos nados a fináis dos oitenta e principios dos noventa. Combinamos elementos tradicionáis (a retranca, o absurdo, a sátira, etc.) con outros máis in

novadores (o frikismo, o kawaismo, internet, a televisión, etc..). O noso obxetivo é facer g***r ó público independentemente do seu estrato social, nivel cultural ou corrente ideolóxica. Valoramos a satisfacción dos espectadores porriba de calquera pretensión ou purismo. Currículo da compañía

2009-10: “Policia” (Slawomir Mrozeck, adaptación de Cándido Pazó). Gañadora do premio á mellor interpretación masculina (Saúl Piñeiro) na XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

2010-2011: “A Comedia do Gurgullo” (Plauto, versión de Celso Parada).

2011-2012: “Baixarse ao moro” (Adaptación da obra de José Luis Alonso de Santos). Gañadora na XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia dos premios á mellor dirección (Alberto Martínez), mellor interpretación masculina (Ramón Insua) e mellor interpretación femenina (Natalia Ibáñez).

2012-2013: “Proxecto 45” (David Carrera e Pinchacarneiro teatro). Ademáis do premio á mellor interpretación masculina (Ramón Insua), mención especial á interpretación femenina (Natalia Ibáñez) e mención especial ó vestuario (Marta Gómez e Natalia Ibáñez) na XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

2013-2014: "Tralo telón" (David Carrera, Pinchacarneiro e colabboradores) 2º Clasificado do Xuventude Crea. Gañadora na XV Mostra de Teatro Universitario do premio ó mellor actor (Ramón Insua), mellor actriz (Marta Gómez), mellor dirección e mellor espectáculo. 2º Premio doXVII certame Candilejas- Don Bosco.

2014-2016: Vilar de Inferno (David Carrera)-2º Clasificado Xuventude Crea

2016-actualidade: "L" (David Carrera)-2º Clasificado Xuventude Crea

Se xa nos viches representar, sabes a que nos referimos, se non, anímate!

Expulsados de Pinchacarneiro por ser demasiado sensuáis, agora sobreviven homenaxeando bebidas alcohólicas.Eles son ROSS...
29/07/2020

Expulsados de Pinchacarneiro por ser demasiado sensuáis, agora sobreviven homenaxeando bebidas alcohólicas.
Eles son ROSSO&BIANCO con SESIÓN VERMÚ!!!!

Seguídeos en facebook e instagram!

13/12/2019

Bos días, pinchafans! Comunicamos que polo de agora, Pinchacarneiro vai tomar un descanso dos escenarios.
Pero estade atentos porque nunca se sabe o que pode pasar!

22/07/2019

Preparando a montaxe de "Bolboretas: a vinganza" na Praza Rualeira de Combarro. Gracias a Poio Escena 2019, ao Concello de Poio e ao marabilloso público que estivo con nós!
Foi a cita perfecta!

Os pinchas xa por Combarro, preparando todo na Praza Rualeira: xusto enriba do mar 🎉🎉Agardamos vervos ás 22h: versión es...
20/07/2019

Os pinchas xa por Combarro, preparando todo na Praza Rualeira: xusto enriba do mar 🎉🎉
Agardamos vervos ás 22h: versión especial de Bolboretas!

Non vos perdades "Bolboretas: a vinganza" en Combarro. Que lugar tan idílico para sentir bolboretas no bandullo e deixar...
20/07/2019

Non vos perdades "Bolboretas: a vinganza" en Combarro.
Que lugar tan idílico para sentir bolboretas no bandullo e deixarse levar...
Colle a túa parella e ten unha romántica cita ao carón do mar!
Ven a namorarte esta noite: ás 22h na Praza Rualeira!

Seguro que estades pensando "Que caladiños están os pincha, seguro que traman algo..." Pois si! Estivemos a preparar unh...
15/07/2019

Seguro que estades pensando "Que caladiños están os pincha, seguro que traman algo..." Pois si! Estivemos a preparar unha versión moi especial de Bolboretas, esta vez ao aire libre... o noso medio natural!
Collede a vosa parella e desfrutade da obra... Atentos ao evento!
Fotografía de Sesar Martins

Aínda non sabedes que é "Bolboretas: a vinganza"?Moi pronto poderedes desfrutar do noso particular... "teaser" en Santia...
05/04/2019

Aínda non sabedes que é "Bolboretas: a vinganza"?
Moi pronto poderedes desfrutar do noso particular... "teaser" en Santiago!! Estade atentos ao evento!

Fotografías de Sesar Martins

28/03/2019

Se non sabes moi ben que facer este sábado á noitiña, un pouco de humor sempre vai ben. Namórate con nós ás 21.30h no Auditorio de Baio!
As boboretas están agardándovos!

Este sábado 30, ás 21.30h, Pinchacarneiro leva as súas bolboretís ás á Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose do Conc...
26/03/2019

Este sábado 30, ás 21.30h, Pinchacarneiro leva as súas bolboretís ás á Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose do Concello De Zas Actualidade Municipal...
Non deixedes escapar esta oportunidade de atopar o amor!

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa que pretende fomentar a cultura nas artes escénicas e, en particular. E parece que chega máis forte ca nunca xa que, unha vez pechado o prazo de inscrición, presentáronse ao certame un total de 43 obras de teatro; un cifra que bate con amplitude a mellor marca de participación de todas as edicións.

Despois de que o xurado visionase as 43 obras de teatro que se presentaron para participar neste certame; publicouse a relación definitiva das cinco obras finalistas así como as tres de reserva. A representación terá lugar os días 23 e 30 marzo e 6, 13 e 27 de abril cos Auditorios de Zas e de Baio como centros da mostra. As funcións comezarán ás 21:30 horas e a entrada é, como sempre, de balde.
Na IV Mostra de Teatro representaranse cinco obras de teatro afeccionado para todo tipo de públicos e gustos, xa que haberá musicais, dramas e incluso comedias moi serias.

Programa:
A primeira representación é o próximo sábado, 23 de marzo, coa obra de teatro “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos. Esta é unha comedia “moi seria” para maiores de 12 anos que se representará no Auditorio de Zas.

Logo será a quenda de “Bolboretas: A Vinganza”, de Pinchacarneiro Teatro que traen dende Noia esta comedia musical. A representación é o 30 de marzo no Auditorio de Baio e está dirixida a maiores de 16 anos.

A mostra continúa durante o mes de abril. Así, o día 6, o Auditorio de Baio acolle a obra de teatro “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia de Ortigueira. Este é un musical ao que poden asistir os maiores de 12 anos.

O día 13 de abril tocaralle subir ao escenario ao elenco de Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, que nos traerá ao Auditorio de Zas o seu drama “2010”. A obra é para maiores de 12 anos.

Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, será a compañía encargada de pechar esta IV Mostra de Teatro o día 27 de abril. Farao coa representación da comedia “O Xogo de Versalles” que terá lugar no Auditorio de Baio e á que poderán asistir os maiores de 8 anos.

Premios

A mostra repartirá 3.500 euros en premios que se repartirán en cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público. Ademais do premio en metálico, os gañadores recibirán un trofeo conmemorativo e un diploma acreditativo.

Para a entrega de premios haberá que agardar ata o 9 de xuño, día no que tamén terá lugar a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil nun acto que se celebrará no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas. Con esta mostra de teatro, o Concello de Zas demostra o seu compromiso coa cultura, especialmente no ámbito das artes escénicas, e por outra, pon en valor o teatro feito en Galicia e en galego.

Dirección

Combarro

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Pinchacarneiro Teatro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Pinchacarneiro Teatro:

Compartir