04/06/2026
Imaxe Corporativa para Grupo Segurgal , dándolle un mimo a esta marca para coidar dos que coidan.
Estamos en Xuño e está sendo un ano cargadiño de redeseños para aplicar valor a marcas que levan tempo en funcionamento. Despois de tanto tempo traballando en corporativo xa non creo que sexa necesario que vos fale da importancia de coidar da imaxe dos proxectos comerciais, pois é evidente que cando regas a pranta medra feliz, e cando coidas e pules a túa imaxe o teu negocio tamén florece.