01/10/2026
🌊⚓️Mares da Fin do Mundo | IX edición
Un pequeno pesqueiro varado na costa de Nova Inglaterra convértese na imaxe da IX edición de Mares da Fin do Mundo, nun cartel que pon o foco no futuro das pequenas flotas pesqueiras e na súa importancia para os territorios costeiros.
📸 A fotografía é obra de Charlie Nutting, fotógrafo e videógrafo especializado en historias do mar, as súas xentes e a vida salvaxe.
Unha nova edición que pon o foco posto na preservación das flotas de pesca artesanal e de baixura, como expresión da soberanía alimentaria, do patrimonio marítimo-pesqueiro e como sinal de identidade dos pobos costeiros, emprendemos unha nova singladura no 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐑𝐢𝐚𝐧𝐱𝐨.
📍 Rianxo
📅 Do 14 ao 18 de outubro