En Branca e Negra

En Branca e Negra En Branca e negra é o encontro de dúas culturas; Cris de Caldas, galega e Amor Herrera, cubana.

Do 19 ao 23 de maio, o IES do Milladoiro converterase nun espazo de encontro, celebración e reflexión arredor da diversi...
19/05/2025

Do 19 ao 23 de maio, o IES do Milladoiro converterase nun espazo de encontro, celebración e reflexión arredor da diversidade cultural e a convivencia, coa celebración da I Semana Intercultural do centro.

E nós imos o martes con "De Ida e Volta" 😍


Distribución:

No IES Milladoiro saben da cultura como unha das ferramentas que pode cambiar o mundo, e así é como celebran a I Semana ...
18/05/2025

No IES Milladoiro saben da cultura como unha das ferramentas que pode cambiar o mundo, e así é como celebran a I Semana Intercultural. É unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar e poñer en valor a pluralidade do centro, así como da súa contorna.
Ao longo de cinco días a a comunidade educativa poderá g***r dunha chea de actividades, unhas vinte, e nós estamos moi ilusionadas por colaborar con "De Ida e Volta".


Que gustazo dá participar en proxectos tan lindos!"De ida e volta" é un dos espectáculos que estará na I Semana Intercul...
16/05/2025

Que gustazo dá participar en proxectos tan lindos!

"De ida e volta" é un dos espectáculos que estará na I Semana Intercultural organizada polo IES do Milladoiro.


Distribución:

Remata o ano e nós non podemos estar máis que agradecidas. O espectáculo "De ida e volta" levounos por diversos concello...
30/12/2024

Remata o ano e nós non podemos estar máis que agradecidas.
O espectáculo "De ida e volta" levounos por diversos concellos das catro provincias e a acollida sempre foi moi boa.
A sesión non remata ata que non escoitamos todas a historias que o público quere compartir con nós, e son moitas. En verdade, é unha viaxe pola memoria de cada quen e ten unha ida e unha volta.
Moitímas grazas pola vosa emocionante acollida.
Vémonos na seguinte!

En Branca e Negra, é dicir, Amor Herrera e Cris de Caldas, queren felicitarvos as festas da única maneira que saben: can...
24/12/2024

En Branca e Negra, é dicir, Amor Herrera e Cris de Caldas, queren felicitarvos as festas da única maneira que saben: cantando e contado.
Que a felicidade nos atope facendo aquilo que máis nos emociona!
Recibide os nosos mellores desexos para estas festas que esperamos sexan boas.

Moito nos gusta esta foto, tal como nos captou Carlos Carballeiro na función de Ferrol deste ano, dentro do festival Atl...
23/12/2024

Moito nos gusta esta foto, tal como nos captou Carlos Carballeiro na función de Ferrol deste ano, dentro do festival Atlántica.
E con esta imaxe só podemos desexarvos que sexan boas festas para todos, todas e todes!

Por se fora pouco o longo aplauso co que nos despediron e as emocionantes historias de vida que compartiron con nós, par...
09/12/2024

Por se fora pouco o longo aplauso co que nos despediron e as emocionantes historias de vida que compartiron con nós, partimos da biblio do Grove cun agasallo especial.
😍😍😍
E sendo unha biblio, que mellor regalo cun libro !
Agasalláronnos cuns exemplares de "Indolente" de Alberto Mancebo, o ### premio de novela curta Manuel Lueiro Rey.
Xa o dí a foto pero por se non queda claro, reiteramos o noso agradecemento.

E así foi a sesión "De ida e volta" na biblioteca municipal do Grove.Saímos cargadas de novas historias, as das persoas ...
07/12/2024

E así foi a sesión "De ida e volta" na biblioteca municipal do Grove.
Saímos cargadas de novas historias, as das persoas que quixeron compartir as súas propias, que tamén son de ida e volta.
Agradecidas pola escoita atenta e pola xenerosidade na acollida.

Hoxe, no Diario de Arousa. 😍
04/12/2024

Hoxe, no Diario de Arousa. 😍


O xoves, no Grove, teremos unha nova oportunidade de contar historias "De ida e volta". Vémonos ás 19.30h na biblioteca ...
03/12/2024

O xoves, no Grove, teremos unha nova oportunidade de contar historias "De ida e volta".
Vémonos ás 19.30h na biblioteca municipal do Grove.

📌En Branca e negra. 5 de decembro, 19.30 h na Biblioteca Municipal do Grove.

Espectáculo de narración oral dirixo a público xuvenil e adulto.

“En branca e negra” é o proxecto impulsado pola músico, cantante e escritora Amor Herrera e a contadora, bibliotecaria e filóloga Cris de Caldas. Este espectáculo combina elementos da narración oral co teatro e a música en directo para presentar unha serie de historias. Con poesía, música e cancións en directo, irán construíndo un carrusel de emocións que non deixará indiferente a ninguén.

"A Coruña, 7 de outubro de 1910 o barco L´Espagne está a piques dezarpar..."O resto da historia, mañá na Casa das Campás...
26/11/2024

"A Coruña, 7 de outubro de 1910 o barco L´Espagne está a piques de
zarpar..."

O resto da historia, mañá na Casa das Campás, pechando o ciclo Contos de inverno, organizado pola vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Podemos prometer, e prometemos, que non vos deixaremos indiferentes, se tendes un pouco de corazón e algo de memoria.

Dirección

Calle José Salgado 2, 2 A. Caldas De Reis
Caldas De Reyes
36650

Teléfono

+34619186570

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando En Branca e Negra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a En Branca e Negra:

Compartir