10/08/2026
🎬 A Mostra de Curtas de Noia segue medrando ano tras ano.
Máis de 1000 curtametraxes foron inscritas para esta 27ª Mostra, na que xa estamos a traballar con moita ilusión.
Moitas grazas, un ano máis, por facer medrar este festival coa vosa participación e confianza. Desexamos o mellor percorrido a todos os proxectos presentados e moita sorte nesta edición.
👀 E ti, espectador/a, xa queres desfrutar da Sección Oficial e coñecer toda a programación que espera este ano? Lémoste!
———
📷 'Buffet paraíso', unha peza sobre a gula, o consumo voraz, a codicia e o desexo insaciable, coa que Héctor Zafra e Santi Amézqueta levaron o Premio á Mellor Curtametraxe de Animación, na pasada edición.