Cormorán Film Fest

  • Home
  • Cormorán Film Fest

Cormorán Film Fest Cormorán Film Fest, nuevo Festival Internacional de Cine y Música de A Coruña.

COLOQUIO (e final do festi) CON ALEJANDRO GÁNDARA E XACIO BAÑO 🎟️ Dom. 23 Nov · 20:00 [Cantones]Pechar o Cormorán Film F...
21/11/2025

COLOQUIO (e final do festi) CON ALEJANDRO GÁNDARA E XACIO BAÑO
🎟️ Dom. 23 Nov · 20:00 [Cantones]

Pechar o Cormorán Film Fest non podería ser doutro xeito: despois da proxección de .filme, teremos a Xacio Baño (produtor) e Alejandro Gándara (director), para falar dun filme que percorre a memoria recente da Fonsagrada.

Unha conversa para entender como se constrúe unha película dende dentro pero tamén, para escoitar a historia dun pobo contado polos que decidiron gardala para o futuro.

🧾Entradas e info na nosa web (link na bio) ou en taquilla.

.coruna .filme

21/11/2025

360 CURVAS (Alejandro Gándara e Alejandra Silva)
🎟️ Domingo 23 Nov · 20:00 + coloquio con Alejandro Gándara (director) e Xacio Baño (produtor) [Cantones Cines]
📽️Premiere en Galicia en colaboración con .gal

360 curvas separan A Fonsagrada de Lugo e tamén simbolizan a distancia entre quen vive nun territorio e quen toma decisións lonxe del.

A partir da supresión da condición de cabeza de comarca, os veciños iniciaron un conflito cunhas feridas que aínda hoxe non se esquecen.

A estrea en Galicia de 360 Curvas é o peche perfecto para a VI edición do Cormorán: unha historia de resistencia e identidade.

🎬 81 min / Galicia / DCP / VO (galego).

🧾 Entradas e info na nosa web (link na bio) ou en taquilla.

.coruna .filme .silva.fernandez

TALLER + COMPETICIÓN LOCAL DE PORRIDGE GALEGO🎟️ Sáb. 22 Nov · 12:30📍 Puzzle Taller de Cocina, Av. Exército, 8Despois de ...
20/11/2025

TALLER + COMPETICIÓN LOCAL DE PORRIDGE GALEGO
🎟️ Sáb. 22 Nov · 12:30
📍 Puzzle Taller de Cocina, Av. Exército, 8

Despois de viaxar ata Escocia da man de The Golden Spurtle e descubrir que hai quen leva moi en serio iso de facer gachas… chega o momento de demostrar o talento local.

Da man da Fundación Juana de Vega, celebramos a nosa pequena homenaxe ao porridge cun taller aberto e unha competición amigable onde aprender, mesturar, probar e, quen sabe, coroar a mellor cunca da cidade.

E se queres darlle o teu toque persoal… podes traer a túa propia pota, a túa avea e o teu leite favorito para preparar a túa receita como máis che guste.

Un encontro para g***r da comida, da creatividade e do bo humor, igual que na película… pero desta vez con vós ao mando 👩🏼‍🍳

📄 Entradas limitadas, máis info na nosa web (link na bio).

.coruna

CORMOCHARLA CON CONSTANTINE COSTI🎟️Venres 21 Nov . 20:00 [Cantones]Despois da estrea de The Golden Spurtle, teremos a op...
20/11/2025

CORMOCHARLA CON CONSTANTINE COSTI
🎟️Venres 21 Nov . 20:00 [Cantones]

Despois da estrea de The Golden Spurtle, teremos a oportunidade de conversar co seu director, , sobre como unha tradición tan peculiar se converteu nun filme cheo de humor, tenrura e sentido comunitario.

Falaremos do seu proceso de rodaxe e desas historias que agroman entre planos e secuencias.

Un encontro para celebrar o cinema feito con agarimo e curiosidade 📽️

🧾Entradas e info na nosa web (link na bio) ou en taquilla.

.coruna

✂️✨ O martes convertimos o Cormorán Film Fest nun pequeno laboratorio de creación da man de  Entre revistas, tesoiras, b...
20/11/2025

✂️✨ O martes convertimos o Cormorán Film Fest nun pequeno laboratorio de creación da man de

Entre revistas, tesoiras, barras de pegamento e moita imaxinación, enchéronse as mesas de collages, fanzines e sorrisos. Un taller aberto na onde cada quen puido inventar o seu propio universo visual a partir de fragmentos doutros: igual que fai o cinema, recompoñendo o mundo plano a plano.

Foi un evento fermoso onde ademais de poñer a traballar a nosa creatividade, tamén aprendemos un montón coas explicacións e as referencias que nos deron Robin e Alba.

Grazas a todas as persoas que viñestes e fixestes deste obradoiro outra pequena película colectiva.

O Cormorán tamén é isto, un festival que sae para disfrutar do cine fóra das salas 🦤👩🏼‍🎨

Fotos de 📸
coruna

19/11/2025

EL AMOR QUE PERMANECE (Hlynur Pálmasson)
🎟️Xoves 20 Nov • 18:30 [Cantones]
🎟️Venres 21 Nov • 20:30 [Filmoteca]
🎬Premiere en Galicia

Un ano na vida dunha familia mentras os pais afrontan a súa separación. As complexidades da familia, o amor e o impacto dos recordos compartidos a través de viñetas íntimas e sucesos estraños. Unha exploración de como o amor cambia, se fragmenta e, sen embargo, permanece.

“Certamente, hai unha resaca de melancolía, pero tamén unha cualidade lixeira e boiante nunha película que aprecia os seus momentos de humor e absurdo.”
Wendy Ide, ScreenDaily

📽️109 min / Islandia–Dinamarca / DCP / VOSE (islandés, danés)

📄 Entradas e info na nosa web (link na bio) ou en taquilla.

.coruna

CORMOCHARLA CON AMALIA ULMAN🎟️Xoves 20 Nov · 20:30 [Cantones]Despois de mergullarnos na proxección de Magic Farm, teremo...
19/11/2025

CORMOCHARLA CON AMALIA ULMAN
🎟️Xoves 20 Nov · 20:30 [Cantones]

Despois de mergullarnos na proxección de Magic Farm, teremos o luxo de conversar coa súa directora, Amalia Ulman, sobre o proceso creativo, as súas influencias e a mirada crítica e fresca que percorre toda a película.

🎥 93 min / Arxentina–USA / DCP / VOSE (inglés, español)

🧾Entradas e info na nosa web (link na bio) ou en taquilla

.coruna

CORMOCHARLA CON ION DE SOSA🎟️Mércores 19 Nov · 20:00 [Cantones]Balearic chega cunha Cormocharla da man do seu director, ...
19/11/2025

CORMOCHARLA CON ION DE SOSA
🎟️Mércores 19 Nov · 20:00 [Cantones]

Balearic chega cunha Cormocharla da man do seu director, Ion de Sosa, para mergullarnos no universo da película e conversar sobre o proceso creativo detrás deste pase tan especial.

Onte tivemos a sorte de escoitar a Ion no seu papel de dire. de fotografía en Ariel, de Lois Patiño e hoxe, poderemos coñecelo como director das súas propias pelis.

Un encontro único para escoitar, preguntar e compartir cinema en primeira persoa.

🧾Entradas e info na nosa web (link na bio) ou en taquilla.

.coruna

O ULLA SI! (Fundación Entretantos)🎟️Mércores 19 Nov · 18:30 + Coloquio coa Fundación Entretantos e a Plataforma Ulloa Vi...
19/11/2025

O ULLA SI! (Fundación Entretantos)
🎟️Mércores 19 Nov · 18:30 + Coloquio coa Fundación Entretantos e a Plataforma Ulloa Viva [Teatro Colón]
🎬Pase especial gratuíto

Esta película nace dunha reflexión colectiva nas comarcas galegas da Ulloa, Terras do Deza e Terras de Melide. Todas elas son áreas afectadas polo proxecto de Altri e Greenalia, que pretende instalar unha macrofábrica de celulosa. A través de diversos materiais e linguaxes audiovisuais, captura as paisaxes, os pensamentos e as vidas do territorio con sinxeleza e honestidade. As voces e a memoria oral, que flúen ao longo do documental como o propio río Ulla, son a alma deste relato colectivo.

📽️66 min / DCP / VO (Galego)
🧾Entrada de balde ata completar aforo.

.coruna

PELÍCULA SORPRESA🎟️Mércores 19 Nov · 20:30 [Teatro Colón]🧾Entrada de balde ata completar aforoAcércase a peli secreta do...
18/11/2025

PELÍCULA SORPRESA
🎟️Mércores 19 Nov · 20:30 [Teatro Colón]
🧾Entrada de balde ata completar aforo

Acércase a peli secreta do Cormorán e aquí vos deixamos unha pista: din que na rodaxe o protagonista chegou a fumar entre 80 e 100 ci*******os. Si, liche ben. Entre 80 e 100.

Non imos revelar máis pistas pero prometemos que é unha desas xoias que se gozan mellor sen saber nada e nunha gran pantalla 🎬🍿

Vémonos mañá no Teatro Colón para descubrir xuntas esta marabilla 🦤

.coruna

18/11/2025

MAGIC FARM (Amalia Ulman)
🎟️Xoves 20 Nov · 20:30 + CormoCharla coa directora [Cantones]
🎬Premiere en Galicia

Un grupo de creativos chega a unha aldea remota do norte de Arxentina coa idea de gravar un proxecto viral. Pero o plan axina se desmadra: o que comeza como unha aventura inofensiva convértese nunha espiral delirante de egos, desinformación e unha tenrura inesperada.
Magic Farm mestura o humor absurdo cunha ollada crítica para falar da fraxilidade contemporánea cunha frescura totalmente propia.

“Unha vibra salvaxe, estraña e cachonda irradia desta película. Encantáronme os planos en POV dos cans, a fotografía colorida, ese divagar delicioso e o increíblemente graciosa que é. Non podo esperar para ver máis de Amalia Ulman”.
Mia Joy, Letterboxd

🎥 93 min / Arxentina–USA / DCP / VOSE (inglés, español)

🧾 Entradas e info na nosa web (link na bio) ou en despacho de billetes.

.coruna

Address


15006

Opening Hours

Monday 10:00 - 17:00
Tuesday 09:00 - 21:00
Wednesday 09:00 - 17:00
Thursday 10:00 - 17:00
Friday 10:00 - 17:00

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Cormorán Film Fest posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Establishment

Send a message to Cormorán Film Fest:

  • Want your establishment to be the top-listed Arts & Entertainment?

Share