Maghúa cantareiros

Maghúa cantareiros Grupo de música tradicional galega formado n'A Coruña en 2006. Andamos a cavalo entre A Coruña e Orro

Voz, pele e madeira (ou outros materiais, en función das pezas recollidas da nosa xente maior...)

23/03/2025

Peixucx!!

Sabemos que levamos tempo sen estarmos neste barco FB... Non é por nada:

Seguimos a traballar no que será o noso novo traballo discográfico. Tardará ainda en sair (basicamente, quedan por gravar unha série de colaboracións, que a nós nos encantaria que nos acompañaran nesta celebración da maioria de idade!!), porque imos cocendo de vagar (porén sen pausa).

En breve iremos facendo pasar polo estudo a quen contactamos para que participara.

Xa verás, peixucx, hai un pouco de todo: referentes que peitean canas (e barba); mozas que medraron connosco, con toda a sua bravura; outras mozas que xa estaban cando chegamos nós, coa sua vitalidade; uns rapaces ben novos, que eran ben cativos cando o Mátria veu a luz; un acordionista tsacianiego.....

Outras colabouras xa están no forno: cordas fretadas, chegadas do País; gaitas trasatlánticas.....

Como pequeno adianto, iso si: contaremos coa palavra de Xurxo Souto. Grandísimo coñecedor deste país de noso en xeral, e desta maghúa en particular....

Eternamente agradecidos, sempre.

Agardamos que, cando este novo traballo chegar, goces con ele. Para nós é ben especial. Como ti. Sempre!!

23/03/2025

Peixucx!!
Hoxe abriu o prazo para que concellos e asociacións soliciten espectáculos na Rede Cultural da Deputación d'A Coruña.

Maghúa volvemos estar no programa Alicerce, co epígrafe CA/21.

Se queres, xa sabes!! Proposta de músicas da tradición oral!

En caso de dúbida, falamos.

Dirección

A Coruña

Teléfono

+34696607342

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Maghúa cantareiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Maghúa cantareiros:

Compartir