24/04/2026
❤️🩵 Queremos agradecer ao noso deseñador que, un ano máis sorpréndenos con estes pedazos de carteis, e con estas emotivas palabras:
“Chega a verbena, chega a troula, chega o rock e volve a batalla de bandas do Flores Rock.
Indagando na Galiciana ,a biblioteca dixital de Galicia ,na procura de inspiración e de como celebrar unha festa, inmediatamente viñéronme á cabeza os carteis de festas populares que se celebran arredor de toda Galicia.
Todos os pobos teñen a súa festa, a súa celebración, e o Flores Rock celebra a batalla de bandas que se converte nun día importante dentro do marco do festival e do Barrio das Flores, un barrio que sempre ten ganas de celebrar e xuntar ás súas veciñas e veciños.
Así que desde o barrio vai esta homenaxe á cultura popular ,e aos deseñadores de imprenta que teñen que facer auténticas virguerías para destacar e anunciar as súas celebracións.
É o momento de celebrar unha verbena, é o momento de celebrar que oito bandas xúntanse para montar unha festa durante todo o día ,que acabará na nova edición do festival FLORES ROCK que este ano celebra o seu décimo aniversario”
Estes son os carteis
👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
Vinde a troulear ao Barrio das Flores
📅 16 de maio
coruna