24/09/2026
📣 FESTIGUAL cumpre 10 anos!
💚 FESTIGUAL chega á súa décima edición celebrando unha historia colectiva construída arredor da cultura, a diversidade e a inclusión. Hoxe presentamos no Concello da Coruña a programación deste aniversario tan especial.
🔟 Unha década que deixa máis de 160 actividades e espectáculos, arredor de 1.000 artistas, 126 entidades e profesionais implicados e máis de 14.000 participantes.
Na presentación participaron:
🔹 Nereida Canosa, vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade - Concello da Coruña Coruna Social Fundación Emalcsa -
🔹 M.ª Arantzazu Escalada Sarabia, directora de Sostenibilidad, Relaciones Institucionales y Reale Foundation España - Reale Foundation España -
🔹 Belén Rey, directora de Relacións Institucionais da Fundación María José Jove e responsable do programa Cultura Accesible e Inclusiva e FESTIGUAL na FMJJ - Fundación María José Jove -
🔹 Ricardo Castro Santa Cruz, director de RSE e Calidade de Vegalsa-Eroski - Vegalsa-Eroski -
🔹 Sol Agra Tuñas, deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña - Deputación da Coruña -
🎭 Do 4 ao 19 de novembro, FESTIGUAL volverá encher A Coruña de teatro, música, danza, artes visuais e propostas para todos os públicos, reunindo artistas, compañías e entidades sociais e culturais.
Celebramos dez anos facendo da cultura un lugar para todas. Xa podedes comezar a descubrir a programación desta edición en festigual.gal, a nosa web renovada 😉
🗓️ Do 4 ao 19 de novembro
📍 A Coruña
📱 Todas as novidades a través do hastag
FESTIGUAL, o festival de todas.
🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, a Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.